Boas noites!
Dou por sentado (que forma máis oportuna de dar comezo a este post)que estades ao corrente da actual campaña de márketing dunha coñecida bebida de cola, un popular refresco globalizante e moi aditivo que nos quita o sono, na que se decidiu personalizar as latas con nomes propios. Si, non?
Pois ben, moito antes de que os iluminados creativos desta marca "deran no cravo" con esta "innovadora e orixinal" idea, en TAPIA (Asturias) xa había xubilados que personalizaban os asentos do parque para que non houbese confusións nin apropiacións indebidas.
Florentino e Rosell, outros cracks do marketing, xa están pensando en facer o mesmo cos "banquillos" do Nou Camp e do Santiago Bernabeu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario