Mostrando entradas con la etiqueta reflexións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reflexións. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de septiembre de 2020

UN XOGO DE 'FRASEOLOXÍA GALEGA'

O xogo ou exercicio consiste en ordear as seguintes frases do 1 ao 10 sendo o número 1 o estado de benestar máximo para un galeg@ e sendo o 10 a situación de benestar mínima.

Aquí as FRASES desordeadas que contestan á pregunta COMO ESTÁS? para que fagades a vosa propia clasificación:

-"NON HAI QUEIXA"

-"IMOS TIRANDO"

-"DIOS, LÉVAME PRONTO"

-"TIVEN DÍAS MELLORES"

-"ESTOU MELLOR QUE QUERO"

-"NON TAN BEN COMA TI"

-"ESTOU PARA O ARRASTRE"

-"MAL NON ESTOU, PERO BEN TAMPOUCO"

-"PODÍA ESTAR MELLOR"

"ESTOU QUE XA É MOITO"




viernes, 2 de septiembre de 2016

EMOCIÓNS TÓXICAS

Unha reflexión basada en experiencias propias.

Se superades dúas das emocións máis tóxicas e paralizantes que existen, teredes moito avanzado na vida.

Unha delas é a CULPA, que ten que ver co pasado, con algo que xa aconteceu, e a outra é o MEDO, que ten que ver co futuro, con algo que pode acontecer.

Vivide con responsabilidade pero non con CULPA e con prudencia pero sen MEDO.

miércoles, 30 de marzo de 2016

XA NON QUEDAN PARQUES ASÍ...















Que tempos aqueles, parques de ferro e chan de hormigón. E se caias, pobre de ti que te foras queixando á túa nai, un berro con "non foi nada" e solucionado. Se a cousa revestía certa gravidade soplábache na perna ou poñíache mercromina na casa e a correr outra vez!!

lunes, 7 de julio de 2014

FÚTBOL, MUNDIAIS e MORRIÑA

O Mundial de Brasil está xa en semifinais e o gozo de "La Roja" no pozo das decepcións...


Nesta recta final quedan: Arxentina, Alemaña, Holanda e Brasil, a anfitriona e favorita. 


Non sei se reparastes no detalle, dúas son NIKE e as outras dúas ADIDAS. Casualidade? Igual si.

En calquera caso todos sabemos que estamos nun mundo dominado polos grandes capitais, polas multinacionais e polas grandes marcas. Patrocinan a nosa vida e incluso as nosas afeccións... En Brasil están sendo tamén noticia, aínda que agochadas e silenciadas, as protestas de moitos brasileir@s polo escándalo dos cartos que se gastaron en construír campos de fútbol coas necesidades que hai no país. Con todos eses millóns seguro que se erradicaba a fame de Brasil por moitos, moitos anos. Pero ben, o capital manda, venderase que o país sairá gañando polo traballo que se xerou, polas infraestructuras que quedarán (unhas rematadas e outras a medio rematar...), pola publicidade que se lle está dando a nivel mundial ao Brasil, e tamén pola ilusión que suscitan estes faustos eventos... "A ilusión do entretemento"... lembrando a ese gran clásico:"Pan e Circo"!!

Dende aquí esta reflexión e unha instantánea que me leva á infancia. Ese campo de futbol improvisado no lameiro do veciño, con catro cadeiras facendo de postes, e a herba (que non céspede) cortado de xeito irregular facendo máis difíciles os controis e o dominio do balón. Pero que ben o pasabamos e que pouco nos queixabamos... e todo low cost.

miércoles, 26 de marzo de 2014

REUTILIZACIÓN NACIONAL POPULAR

Aquí tedes outro claro exemplo de reutilización galega.

De como darlle uso práctico a unha desas antigas cabinas telefónicas que se poñían hai anos no rural. Que tempos aqueles!! O teléfono fixo chegaba á aldea !! Era un teléfono público que se poñía na cantina ou na casa dalgún dos veciñ@s e que se empregaba basicamente para saudar á familia e para as "emerxencias". O responsable do mesmo tiña que avisar dos recados que se deixaban ou achegarse ás casas dos reclamados para avisalos de que a "tal hora" os chamarían de novo. Ter ese teléfono público na túa casa outorgábache certos privilexios no seu uso pero non compensaba moito polo traballo que supoñía ter que avisar aos veciñ@s cada vez que fose necesario.

E mirade hoxe que cambio, o teléfono non serve só para comunicar cousas trascendentes e importantes das nosas vidas... o teléfono é xa un apéndice do noso corpo, unha ferramenta imprescindible de comunicación sen a que moit@s de nós non poderíamos vivir. 

Pois ben, nesta foto podemos comprobar que aquilo que en tempos foi unha cabina telefónica hoxe fai a función de lacena ou estantería onde se poden pousar dous dos complementos imprescindibles de todo galeg@ para un inverno como o que nos tocou este ano...

Viva a reciclaxe !!

viernes, 1 de febrero de 2013

SOBRE-SOLDOS

Spain is diferent !! 
Ata non hai moito ,chufábase de que "España era un país sobresaínte" e estamos sendo testemuñas de que si, é "sobre saínte" para Suiza, "sobre saínte" para Belize, "sobre saínte" para as Illas Caimán...

Seica (presuntamente, en termos xurídicos)  o Sr. Bárcenas, extesoureiro do PP, entregaba cartos de dubidosa procedencia en forma de pequenas pagas de domingo (como as que nos daban os nosos pais) a certos cargos do partido. A ollos dos populares, EL PAÍS está "sobre-dimensionando" a noticia para facerlles dano e empezan a perder os nervios. Rajoy está "sobre-pasado" polo escándalo e Mª Dolores de Cospedal "sobre-actuando" nas roldas de prensa. Queren parar a bola de neve como sexa e acabar coas calumnias aos políticos "sobre-colledores".

Resulta indignante que o Goberno insista en apretarnos cada vez máis, en pedirnos "sobre-esforzos" cando eles non predican precisamente co exemplo. E mentres, temos que seguir baixando a cabeza e comulgar con rodas de muíño, aceptando o seu mantra de "facemos o que temos que facer" (como cando os pais lle din aos fillos "é polo teu ben").Xa está ben de paternalismo e de hipocresía!!

E non quero poñerme no peor escenario de futuro neste tema, nesa hipótese de que o caso quede "sobre-seído". Daquela xa non sería indignante, sería ALDRAXANTE !!

sábado, 5 de enero de 2013

ESPERANDO AOS REIS


REFLEXIÓNS e ANÉCDOTAS

1-Moitos anos pedindo aos Reis videoxogos, bicicletas de cross e os xoguetes de moda na TV para despois traerme calcetíns e calzóns...

2-Que cómodo tamén iso de deixar cartos. Un día, xa farto, tomeimo con humor e deixei o número de conta onde os zapatos cunha nota que poñía: "Agradécese a transferencia".

3-Crer nos Reis siginifica tamén ser vacilado. Eu tiña o costume de deixarlle aos Reis tres vasos de leite con Cola-Cao para que repuxeran forzas ata que un día atopei os vasos cheos como os deixei e unha nota manuscrita cunha letra que se me facía coñecida que rezaba así: "Gracias pero nós somos máis de Nesquik".

4-Á pregunta, que lle trouxeron os Reis ao Neno Xesús?, un rapaz contestou decidido: OURO, INCIENSO e COBRE. O lapsus tiña a súa lóxica, o cativo era rumano.

5-Estes días corría por internet a seguinte reflexión: Este ano os Reis, en vez de traer Ouro, Incienso e Mirra deberían traer Luz, Auga e Gas... Están collendo un valor incalculable!!

6-De pequeno, cos Reis pasábame como coas rapazas. Eu pedíalles unha cousa e despois dábanme o que lles viña en gana, ou incluso nada...

7-E que me dicides dese gran clásico. Deberían chamarse Reis Vagos: "Traballan unha vez ao ano e aínda por enriba é mentira".

8-Outra boa do Gran Alberte Montes. "Se os Reis fosen Magos algo terían feito pola infanta Elena".

CONTADE AS VOSAS REFLEXIÓNS e ANÉCDOTAS !!