Mostrando entradas con la etiqueta GALEGADAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GALEGADAS. Mostrar todas las entradas

viernes, 4 de septiembre de 2020

PAZ MONTES: "Me lo papo vivísimo"


 









A miña nai, Paz Montes, conseguiu poñer unha frase de moda na Cadena SER.

A frase en cuestión "Me lo papo vivísimo" e formaba parte dunha colaboración que fixo na sección de Alberte Montes no programa LA VENTANA.

AQUÍ o programa no que lle saíu de forma improvisada, a partir do minuto 11:38.

martes, 1 de septiembre de 2020

UN XOGO DE 'FRASEOLOXÍA GALEGA'

O xogo ou exercicio consiste en ordear as seguintes frases do 1 ao 10 sendo o número 1 o estado de benestar máximo para un galeg@ e sendo o 10 a situación de benestar mínima.

Aquí as FRASES desordeadas que contestan á pregunta COMO ESTÁS? para que fagades a vosa propia clasificación:

-"NON HAI QUEIXA"

-"IMOS TIRANDO"

-"DIOS, LÉVAME PRONTO"

-"TIVEN DÍAS MELLORES"

-"ESTOU MELLOR QUE QUERO"

-"NON TAN BEN COMA TI"

-"ESTOU PARA O ARRASTRE"

-"MAL NON ESTOU, PERO BEN TAMPOUCO"

-"PODÍA ESTAR MELLOR"

"ESTOU QUE XA É MOITO"




jueves, 6 de febrero de 2020

"GIN-XABONEIRA"

Xaboneira fashion 'Made in Galiza' produto do bo criterio 
na reutilización que fan algúns galeg@s.


miércoles, 21 de agosto de 2019

MENSAXES NOS CARTEIS DAS FESTAS















Mensaxe para os interesados/as en ir o día 31 á Festa de Abrence, na Pobra do Brollón (Lugo). Haberá paparotada para os 'atrevidos/as' que se acheguen ao lugar, como se para un galego/a fose un sacrificio ou un exercicio de afouteza ir papar a unha festa... jejejejejeje !! 

martes, 11 de septiembre de 2018

SOLUCIÓNS GALAICAS: A ENTREGA DO PAN

Velaquí catro solucións galaicas para facilitar a entrega do pan ao panadeiro que fai o reparto polas casas, e evitar que este se molle ou incluso sexa roubado. 

A primeira delas foi vista nunha parroquia de Sober e pode darse a entender, polo debuxo dun sobre, que o cilindro metálico que fai de 'buzón' cumpre a función mixta de caixa do correo e depósito de pan. 

A segunda está recollida en Monforte, e como se pode comprobar, o sistema consiste en que o panadeiro deixa a bolsa enganchada a un cordel e despois o veciño tira del para arriba aforrando ter que baixar por el á porta. 

A terceira solución vén da Illa de Arousa e consiste nunha fiestriña con bisagras, onde a porta de entrada, para introducir o pan na casa. 

E a cuarta está localizada tamén en Monforte, é a máis básica; un gancho plástico pegado na portería, onde o interfono, serve para que o eficiente panadeiro poda colgar a bolsa co pan dentro.

Foto: Xosé Manuel Fdez
Foto: Xosé Manuel Fdez

Foto: Xosé Manuel Fdez
Foto: Xosé Manuel Fdez

martes, 21 de agosto de 2018

SOLUCIÓNS GALAICAS















A grandes males, grandes remedios. 

A organización non ten palco cuberto e fai un sol do carallo, que facemos? Pois sombrillas da terraza para tod@s e ao carallo!
Aconteceu o ano pasado no Barco de Valdeorras. Grande grupo Los Íñigos!!

miércoles, 28 de marzo de 2018

REUTILIZACIÓN GALEGA / OBRAS

FOTO: Rinardy















A grandes males, grandes remedios. Solucións galegas para cada contratempo, e nunca mellor dito o de "contra-tempo". 

jueves, 6 de julio de 2017

QUE HORA É?


Reloxo de parede do revés atopado nun bar de Nigrán. Tras chamarlles á atención sobre a situación dixéronme que xa leva tempo así e que era a única forma de que funcionase.  Terá algo de culpa San Roque?
QUE HORA É? A hora de darlle a volta ao reloxo.

martes, 4 de abril de 2017

QUE ALGUÉN ME EXPLIQUE ISTO

Atopado nunha aldea da Ribeira Sacra. Un colector do lixo "rodas arriba", semienterrado nun lameiro. Hipóteses do acontecido? Tedes respostas a esta "frikada rural"?