
Parece que foi onte cando no mes de novembro do 2009 Alberte estreaba espectáculo cos rapaces de Not Just Jazz no Teatre Llantiol. Alí estiveron ata o mes de xaneiro co espectáculo Humor & Jazz cun notable éxito de público.
A partir dese momento Alberte quedaba só diante do perigo e o orixinal "Humor & jazz" pasaba a ser "Humor y ya!"... Quedoulle a cabeza descansada ao rapaz!
Comezaba un reto máis para Alberte que con este novo título, moito máis comercial e suxerente, tentaba aguantar na grella do Llantiol ata forrarse de pasta e acabar aburrido desas espectadoras cachondas que se empeñan en ofrecer como tributo a súa lencería. E abofé que así foi. Tras catro meses de éxito Alberte sofre xa as temidas inspeccións de Facenda e montou unha tenda de lencería feminina no Raval como negocio tapadeira para branquexar parte da fortuna amoreada.
Así que xa o sabedes, só vos quedan tres sesións para disfrutar do espectáculo e desorballar a vista con esas descaradas atractivas que se sacrifican a súa roupa interior para homenaxear ao artista. Os que xa tivestes ocasión de ir podedes repetir e os que aínda non fostes pasade antes de que remate, despois non vos queixedes...
ÚLTIMAS ACTUACIÓNS: 15, 22 e 29 de MAIO
www.llantiol.com
OFERTA ESPECIAL:
*SE COLLEDES A ENTRADA NA PORTA E DICIDES QUE IDES DE PARTE DE "HERMANAGER":
2 persoas x 10 €
No hay comentarios:
Publicar un comentario