domingo, 3 de abril de 2011

ENTREVISTA A ALFONSO TELLADO

Boas noites!
Non vos perdades mañá a entrevista que ALBERTE  MONTES lle fará a ALFONSO TELLADO, o galego que "retranqueou" con Buenafuente no seu programa e que tanto está dando que falar a partir desa aparición televisiva.
A entrevista será no programa de radio en galego-catalán ATURUXOS BOLA EXTRA que se emite cada luns na emisora RADIO CIUTAT VELLA de Barcelona de 20 a 21.30 h.
Podedes escoitar o programa en internet, www.radiociutatvella.es en tempo real ou a posteriori no arquivo de programas.

Non perdades, pois,  a ocasión para escoitar a dous retranqueiros de nivel e coñecer as anécdotas de Alfonso Tellado a partir da súa "popularidade accidental".

No hay comentarios: