lunes, 28 de marzo de 2011

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Amig@s !!

Está comprobado que onde menos o esperas aparece unha actuación... ALBERTE quería tomarse esta nova escapada por Galicia cun pouco de calma, "actuar si, pero sen pasarse", e resulta que van saíndo máis actuacións inesperadas. Xa se sabe como vai isto, es un profesional no teu e despois chámante para traballar de todos os sitios. Xa non te tes que preocupar, o traballo vén a ti. E ese é o medo que empeza a ter Alberte, que o traballo empece a correr tras del.
Pois ben, como deixara bo sabor de boca por terras valdeorresas na xira de xaneiro, comezará abril cun monólogo na CERVECERÍA MORRYS de A Rúa. Será o venres 1 de abril ás 24.00 H

E non queda aí a cousa, para o sábado 2 de abril xa o estarán reclamando en Vigo. Nesta ocasión para dinamizar humoristicamente unha "Vinoteca musical", como son estos de Vigo para crear novos conceptos de locais...
A actuación será en LA BOTELLA (R. do Pazo, 13 Baixo) no barrio de BOUZAS (Vigo) ás 22.00 H.

A ver se nos vemos. Correde a voz!!


No hay comentarios: