lunes 2 de noviembre de 2009

USUARIA INFORMA...

Velaquí unha nova perla que a xente da rúa nos deixa no seu día a día.
Polo visto nesta ocasión, unha usuaria, cabreada e farta do deficiente servizo dunha entidade bancaria, amosa o seu malestar e a súa protesta en forma de mensaxe.Podendo facer unha pintada ao estilo grafiteiro prefire desafogarse cunha mensaxe escrita a man nun folio que posteriormente pega na pantalla do caixeiro para que todo o mundo a poda ver. Na súa nota informa ao resto de usuarios que non se poden sacar cartos dende hai varios días e critica que a Entidade non se tome a molestia de informar ao respecto.Eso si, ao final deixa un interrogante que non son quen de descifrar: "...bastante farta do servizo da caixa, Galicia?" Qu'est que c'est? Que vol dir aixó? Farta de?

jueves 29 de octubre de 2009

CHEGA O SAMAIN ...


A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor dos defuntos, marcando a transición do outono ao inverno. Nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade da alma, provintes da noite dos tempos, cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos, buscou, e encontrou un mecanismo de reparación: preparando alimentos e agasallos os parentes vivos, para os parentes mortos sería posible que as ánimas dos parentes finados voltasen a visitar as súas familias e as súas vellas casas para comer nas mesmas mesas e para quentarse a carón do lume da lareira. Trátase de abrir as portas entre este mundo e o alén, posibilidade de xuntarse cos devanceiros mortos. Baleirade as cabazas e poñédelle candeas. Esta tradición tan antiga do continente europeo e que Galiza conserva (Samain) pasou despois, a finais do século XIX e principios do XX a EE.UU. grazas aos irlandeses. Alí deuse en chamar "HALLOWEEN" (víspera de todos os santos:all hallow's eve).
POIS BEN...
-Feliz noite de "Hallo Queen" para @s amantes deste mítico grupo.

-Feliz noite de "Hallo Green" para tod@s os ecoloxistas.
-Feliz noite de "Ghalo win" para os que chufan de ser líder do ghaliñeiro.
-Feliz noite de "Falo win" para os que presumen de ter un carallo ganador.


En calquera caso, se saides, que non vos den cabazas...

miércoles 28 de octubre de 2009

COÑAS QUE ME GOSTAN (Luis Davila / RETRANCA)

lunes 26 de octubre de 2009

White Lalberte

jueves 22 de octubre de 2009

O NOVO MODELO DE AUTOMÓVIL DA NISSAN

UN COCHE DE CARALLO!!

Amig@s, a realidade sempre supera á ficción, unha máxima que sempre se cumpre igual que aquela de "o que ten coche e anda a pé ben parvo é".
Como saberedes, hai teorías psicolóxicas que afirman que o coche adoita ser unha manifestación da frustración fálica do home. Pois ben, os xaponeses, sempre innovando e pensando nos galegos, acaban de sacar ao mercado un utilitario "que es la poya, neno" como diría un coruñés. Acabáronse as sublimacións, chamémoslle xa ás cousas polo seu nome. En breve escoitaremos conversas como estas:
Manoli: Pois ao final merquei un Pixo.
Laura: Ves, xa cho dicía eu, un consolador é a tranquilidade dunha casa.

Paco: Estás contento co Pixo?
Luis: Bueeeeno, moi grande non é pero fai o seu servicio.

Suso: O outro día o Pixo deixoume na estacada...
Toni: Non se che levantou?
Suso: Estaba falando do coche, tío.

Podedes rir se queredes pero este tipo de anécdotas van chegar, xa veredes que si, os galegos somos expertos en atoparlle a doble ou triple sentido a todo. E non me veñades agora con que é "Pikhso", "Pisho" ou "Pisso" e non "Pixo" (s.f. vulg. dialectal; pene, membro viril).
A coña está servida, non vos parece?