viernes, 8 de abril de 2011

VOLVE A POESÍA DE AMOR

Viva a poesía e o romanticismo!!
Menos mal que aínda hai xente que tira do inxenio lírico para seducir aos seus obxetos de desexo, xente que perde o tempo enfiando fermosos versos de amor para conquerir o corazón dos seus seres amados...
Xa botaba en falta un pouco de poesía aplicada ao sempre noble arte de ligar, esa creatividade expresada en orixinais versos que engaiolan e abrandan aos corazóns máis resistentes e acorazados...
Xa era hora de que alguén baixara o romanticismo do faiado e o puxera no mercado novamente para competir coas novas tendencias. Tendencias amatorias que reducen a conquista a proposicións directas, claras e transparentes. Agora lévase o flirteo breve e superficial vía facebook, pois non require nin moito tempo nin moita solvencia intelectual. 
Viva a poesía, carallo!!

No hay comentarios: