lunes, 10 de enero de 2011

NUNCA É TARDE SE A DUCHA É BOA...

Disque ensina máis a necesidade que a universidade, que hai xente que da necesidade fai virtude e que a escasez esperta o inxenio... Abofé que si!
Velaquí unha iniciativa anti-crise que atopei no restaurante dunha área de servizo perto de Zaragoza. 
O incentivo por quedarte a xantar ou a cear é unha ducha. Si, si, unha ducha, un baño vertical, enténdese. Como dirían os da Parroquia del Monaguillo: "dúchate que es económico"...
Quen lle dera a meu pai hai 20 anos atopar esta promoción nas súas maratonianas viaxes en coche de Barcelona a Quiroga... Poñédevos en situación. Pleno verán, dezaseis horas nun R-12 de segunda man que non pasa dos 100 km/hora, tapicería de franela e sen aire acondicionado... 
Velaquí, pois, esta promoción entre friki e orixinal que nos deu que falar durante un rato, e que quería compartir con vós. Como diría miña nai: "xa non saben que inventar".  
Que será o seguinte? Atopar un bar-hostal no que por tomar unha copa e pagar unha habitación teñas dereito a unha masaxe erótica cunha señorita á que lle vai a roupa un pouco escasa? 
Ata aí podíamos chegar...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi bo post, Hermanager!

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

Ou a nena do anunció que dice que é "ergonímico!"

Por certo, cambia a fonte do texto dos comentarios que é negra e sobre fondo negro non se lee.