lunes, 3 de enero de 2011

ALBERTADAS


O 2011 comezou xa a andar e ALBERTE MONTES non quere estar parado (entre outras cousas porque xa non dan os 426 €). 

Por iso, a  súa primeira misión humorística deste novo ano será practicar o contrabando. Coñecedor de que por terras galegas se descargan "fardos de retranca" a moreas non se lle pasou outra idea pola cabeza que carretar un feixe deles para Catalunya e comercializalos clandestinamente por ambientes marxinais do humorismo Barcelonés.

Así, pois, aterrará en Santiago o día 12 de xaneiro para comezar unha xira humorística que rematará o 27 deste mesmo mes. 
Baixo o título de "ALBERTADAS" (historias, chiscadelas, muecas e caralladas varias que Alberte conta enriba do escenario) ALBERTE MONTES ten confirmado xa o seu espectáculo nos seguintes locais:




14 XANEIRO

CERVECERÍA CAFÉ TEATRO LOS GOYA
(R. Carude, 68-70)
(MONFORTE DE LEMOS) 23.30 h.

15 XANEIRO

CÍRCULO SAVIÑAO 
(ESCAIRÓN) 23.00 h.

19 XANEIRO

ULTRAMARINOS (R. Casas Reais, 34) 
(SANTIAGO DE COMPOSTELA) 22.00 h.

20 XANEIRO

LA OFICINA (R. Panaderas, 27) 
(A CORUÑA) 23.00 h.

21 XANEIRO

ÍNDALO (R. Vigo, 28) 
(NARÓN) 23.30 h.

22 XANEIRO

TEATRO AVENIDA 
(A RÚA DE VALDEORRAS) 20.00 h.

PUB GALILEO (Paseo do malecón)
(O BARCO DE VALDEORRAS) 24.00 h.


Seguiremos informando dos detalles. Apuntade o calendario na axenda e correde a voz.

Grazas a tod@s e feliz 2011 !!

2 comentarios:

Eduard a 39º 51' 14.57" N - 4º 12' 09.35" E dijo...

Ui! Que vaia con ollo o día 15, que xa se sabe que cos de Escairón... nin trato nin conversación!

Anónimo dijo...

Non serás de Monforte, langrán!!