jueves, 13 de enero de 2011

ACTUACIÓN DE ALBERTE MONTES EN MONFORTE

Xa falta menos para o comezo da xira de ALBERTE MONTES por terras galegas. 

Mañá venres, ás 23.30 h. será o CHUPITAZO oficial na coñecida cervexería LOS GOYA (R. Carude, 68-70), local de referencia do "monologueo" en MONFORTE DE LEMOS.

Será a primeira ocasión na que ALBERTE MONTES actúe nos GOYA pero non en Monforte onde xa ten dado "o espectáculo" en máis de unha ocasión polos garitos da Rúa Duquesa, coincidindo coas festas de verán.

Recoméndovos fortemente que pasedes polos GOYA para gozar de "Albertadas", un espectáculo de humor que desprende enerxía, disparate e retranca mires por onde o mires. E se cadra aínda pode soltar algunha catalanada... que a máis dalgún retornado desas terras lle tocará a fibra...

Non faltedes e recomendádeo a tothom!!