martes, 18 de enero de 2011

ALBERTADAS (Caderno de viaxe)

Balance provisional da xira galaica de ALBERTE MONTES.
Atrás quedan xa as actuacións na Cervexería LOS GOYA de Monforte e no CIRCULO SAVIÑAO. Estreno esperado nos dous casos, no primeiro por poder dicir que "xa estivo nos Goya"... que ilusión lle fará á súa nai!! e no segundo por facer rir en vilas pequenas como Escairón e sentirse como na casa. E nunca mellor dito, porque velaquí a primeira anécdota de interés da xira. O Circulo Saviñao está ubicado na Rúa Pardo Bazán, 17 que resulta ser o enderezo de Alberte en Barcelona. Mira ti!!
Na instantánea podedes apreciar un momento da actuación en Escairón. Espontaneidade e agradecemento no ambiente que se transmitiu en ambas direccións (artista-espectadores). 
Agradecementos, en definitiva, a LOS GOYA e ao numeroso público que tivo a ben coñecer a un novo humorista galego que dará aínda moito que falar por estas Terras; e como non, gracias tamén á xente do Círculo Saviñao. Aos que organizaron o evento e aos que participaron, coa súa asistencia, bo rollo e risas, das disparatadas historias de ALBERTE.
E mañá máis. Comeza unha semana completa. Santiago de Compostela será a vindeira parada, Pub ULTRAMARINOS, mércores 19 ás 22.00 h. 
Seguiremos informando !!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Estivo moi ben. Non coñecía este humorista e sorprendeume. A ver se volve por estas terras.