viernes, 21 de enero de 2011

ALBERTADAS (Caderno de viaxe 2)

Segue a miña andaina coa turné de 'Albertadas. Historias, anécdotas e outras parvadas'. Despois de deixar atrás as Terras de Lemos, cun moi bo sabor de boca, tocou conquistar a capital do país (Compostela) e volver a un clásico para min, 'La Oficina' no barrio do Orzán, na Coruña.

A actuación do mércores 19 non se me esquecerá facilmente. Case ningunha, de feito. Pero esta tampouco. Hai que ver a cantidade de actividades culturais que se fan en Santiago cada dia, esta cidade non para!! A miña actuación coincidía co San Kanuto. Pensei: "Contra iso non se pode facer nada." Pero si, si que se puido. Cheo no 'Ultramarinos', que tivo a ben recibirme por segunda vez, para unha actuación espectacular, desas nas que o artista e o público son un. Improvisación, complicidade e sobre todo risa, mooooita risa. Como mola!! Falei da miña dualidade galego-català, que queda reflectida na mesma louxa, que na rúa das Casas Reais anunciaba a miña actuación: 'Albert Montes'.

O dia seguinte, onte, achegueime a un dos locais que máis veces visitei na miña curta (aínda que intensa) carreira monologuística. Un lugar no que me atopo como na casa: 'La Oficina' en Coruña. Gran noite de risas cun público coma sempre, entregado e agradecido. Como agradecido estou a eles, que fixeron realidade o soño de miña nai "Tes que buscar un traballo como a xente, traballar nunha oficina."

Agora agarda un final de xira por todo o alto. Hoxe ás 23:30h máis 'Albertadas' no Índalo de Narón. E mañá dobre sesión por terras de Valdeorras. Ás 20h no 'Teatro Avenida' da Rúa e ás doce da noite no 'Galileo' do Barco. Para que despois diga meu pai que son un "vagoletas".

Alberte Montes

1 comentario:

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

Parece que maña, ademais de na Rúa, estaredes no Barco, que sepades que están de festa gastronómica, a "festa do botelo".

Estades avisados.