miércoles, 26 de enero de 2011

ALBERTADAS (Caderno de viaxe 3)


A nova parada era Narón, localidade a carón de Ferrol que está medrando moitismo e que xa lle come as papas na cabeza a esta. O local era o ÍNDALO. Por un momento, Alberte pensou... "estamos indo en dirección oposta, diagonalmente oposta, se o índalo está en Almería que carallo facemos indo a Narón?". Pero non, resulta ser que Javier, un almeriense afincado en Narón, ten unha cervexaría moi acolledora nesta localidade co nome deste coñecido símbolo de Almería. Moi boa cervexa, moi boas tapas e humor para amenizar a dixestión. Nunca estiveramos neste local, local polo que xa pasaron moitos coñecidos humoristas do panorama nacional. Moi recomendable, trato moi agradable e unha actuación resultona, na que a segunda parte luciu máis que a primeira, basicamente porque a xente apurara xa as tapas e centrouse máis no espectáculo. E para redondear, a presencia da familia que alí se achegou para acabar de encher o local e reivindicar o orgullo "dos Montes".

No hay comentarios: