miércoles, 8 de septiembre de 2010

CHOVE EN SANTIAGO

Ola amig@s!
Non sei vós, pero eu funciono por cursos e non por anos naturais ou exercicios fiscais. Cando remata agosto dou por rematada a miña xeira anual e con setembro xa me poño en situación para comezar unha nova etapa da miña existencia. Novos proxectos, planes de futuro... e como estudante que sempre son, estreo con ilusión esa nova libreta tratando de que a letra sexa bonita, de que non haxa tachóns, que garde un equilibrio no renglón... ben, xa sabedes de que falo.
Pois ben, como se comezara unha nova libreta tratarei nesta nova xeira de facer boa letra e bos post para que pasemos bos momentos e botemos unhas risas.
Como non podía ser doutra maneira, chegou setembro e cheguei a Santiago. Nada máis chegar xa comezou a chover (un clásico en Compostela) e quería valorar un libro vello que atopei un día nunha casa vella da aldea. Fun á Libraría Vetusta da Rúa Nova (especializada en antigüidades) e atopeime con este curioso letreiro indicativo dos horarios.
Como podedes comprobar pola foto a libraría estaba pechada pero o letreiro dos horarios causoume gracia. Durante a semana abren de 17 a 21 h. Os sábados abren tamén de 17 a 21 h. e os festivos abren pola tarde "se chove" pero, con que horario neste caso? Entenderemos que de 17 a 21 h. non? Xa o comprobarei. E pensei, sabendo o que chove en Santiago xa os vexo pringando gran parte de domingos e festivos durante o ano. Curioso, ben curioso!!

2 comentarios:

Silvio Falcón dijo...

Moito ánimo para este novo curso! E como sempre parabéns por atopar esta xoia!!

Juan dijo...

É verdade o de o comenzo do ano. Que vaia todo ben, e a seguir removendo as inquietudes no cazo da imaxinación (aínda é gratis).
Unha forte aperta de corner a corner (desde iste non centro igual, pero hai que xogar coma se poda...) ;)