miércoles, 15 de septiembre de 2010

O MEDO GARDA A VIÑA

Boas noites!
Outra foto curiosa desas que non podes deixar escapar. Saqueina no Parque del Drago en Icod de los Vinos (Tenerife). Si, si, eu tamén viaxo, ou que vos pensades... Hai que ver mundo!
O máis destacado deste parque é o "Drago Milenario", unha árbore rara de 20 metros de altura e 10 de perímetro que ten máis de 1000 anos (de aí o seu apelido). Foi pranta de culto dos guanches (indíxenas autóctonos da illa) polas súas propiedades curativas. Considérase monumento nacional dende o 1917.
Pois ben, a min o que máis me fascinou nese parque foi esta porta rotulada e decorada de xeito ameazante. Polo visto non lles chegaba cun "privado" para persuadir e escorrentar aos amig@s do alleo, seica non. Causa curiosidade ver os recursos creativos engadidos: sinal de obra retocada, "prohibido el paso a toda persona", os furados da placa de metal imitando unha cara de carraxe ou o frívolo "private" . Din que o medo garda da viña, pois a ver se é verdade...

Se queredes ver a árbore preguntádelle ao oráculo "google".

No hay comentarios: