martes, 31 de agosto de 2010

SONA INCONTROLADA

Coñecedes a César Álvarez Cabo? Ao ver a foto igual vos sona, non si? Este rapaz deuse a coñecer publicamente despois da súa aparición televisiva en tertulias para defender aos controladores aéreos diante da opinión pública. É controlador aéreo, portavoz da USCA (Unión Sindical de Controladores Aéreos) e Monfortino de orixe. A súa familia provén de Canabal (Sober) e como di na entrevista que lle fan no xornal gratuito L-V: "Cada vez que veñen amig@s meus de Madrid por Galicia recoméndolle que proben a empanada de zorza, a miña preferida". Case cada ano pasa por terras de Monforte para visitar á familia e tenlle moito agarimo á nosa terra.
Pois ben, este galego de orixe, ademáis de ter unha humilde nómina como controlador está collendo sona e fans na rede polo seu atractivo. A internet é así. Comezas saíndo na TV, alguén crea un grupo en Facebook e a cousa xa non hai quen a pare... Ten unha chea de seguidores/as no Twitter e no Facebook con grupos tan cachondos como: "Señoras que quieren que César Cabo les haga perder el control" ou "César Cabo, contrólame a mi".
E todo pola cara bonita...

No hay comentarios: