martes, 31 de agosto de 2010

ALERTA!! REMATAN AS VACACIÓNS!!

Remata o mes de agosto e para moit@s tamén as vacacións de verán. Canto tardan en chegar e que axiña se van, verdade? Como reza un refrán castelán: "Pascuas largo tiempo deseadas, presto son pasadas"...
Pero ben, que nos quiten o bailado!! Como cada ano cumpriremos os obxetivos que nos marcamos antes de saír da casa: trasnoitar cada día, erguernos puntualmente para tomar o vermú e xantar, apuntarnos a todas as comidas familiares e de amigos que se presenten, cumprir relixiosamente coa sesta, estar coa barriga ao sol o máximo posible, nadar e gardar a roupa, cañas e pinchos ata caír de cu, nada de perder tempo de descanso e relax con visitas turísticas...
Non hai nada máis bonito e que encha tanto de satisfacción á volta das vacacións que sentirse xulgado e envexado con frases como: "Botaches barriga", "estás negro", "que ben te vexo", "aquí non se para coa calor","pois por aquí houbo moito choio, non paramos"...
A sempre sana envexa dos nosos compañeir@s de traballo que desexan o mellor para nós e que debecen por comezar xa as súas sen amolarnos co recordatorio constante dos días que lle faltan para disfrutalas.
E vós para que aproveitades as vacacións? para coidarvos ou para descoidarvos?

1 comentario:

Alberte Montes dijo...

Moi chulo o posado!!
Non acabo de ver ben que é... Shrek? Jesús Gil? :P