martes, 20 de julio de 2010

VER PARA CRER...

Aquí vos deixo unha nova perla das moitas que se atopan polo país adiante...
Aínda que semelle unha coña feita adrede para dar que falar e botar unhas risas, este panel informativo de obra existe, e pode dar fé diso o propio arquitecto técnico, un bo amigo meu.
A curiosidade, xa sen entrar na torpe falta de ortografía, está no nome da empresa constructora: "XA BOU SE PODO, S.L."
Por fin un empresario que fuxe da comodidade de buscar nomes previsibeis e familiares (Construccións Fernández S.L., Construccións e Reformas Ferreiro, Martínez Núñez S.A., Vilariño Construccións S.L., Changas Ramiro...) para innovar e bautizar á empresa coa primeira arroutada que lle pasa pola cabeza nese momento. Ademáis, lonxe de parecer unha frivolidade sen sentido e unha carallada pouco rigurosa, o nome antóllaseme moi oportuno e atinado. Tod@s sabemos do pouco serios que son moitos constructores, verdade? Deixan a obra a medias, faltan por rematar moitos detalles, aparecen defectos de construcción, incumplen prazos, cóstalles recoñecer os erros e darlles solución...
Os que mercastes obra nova sabedes do que falo. Pois ben, cando atopas algún defecto da construcción ou cando falta por rematar algún detalle e amosas a túa queixa ao constructor é moi posíbel que che conteste cun "xa vou se podo". Todo indica que se fará cargo; pero, como e cando? Desesperante!!

Galiza, sitio distinto...

3 comentarios:

Alberte Montes dijo...

A hostia!!
Unha aperta a ese arquitecto técnico!!

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

Preto da miña casa hai unha cristalería que se chama "Xa vou"

Anónimo dijo...

Pois non está mal. Eu se monto unha empresa de construcción poñereille PA SEMANA, S.L.