lunes, 26 de julio de 2010

UTÓPICA ILUSIÓN?

Hai estrelas que moven o mundo. Estrelas que moven masas adoecidas por uns ideais, masas que pagan o que lle pidan a cambio de ver os seus ídolos dalo todo por un escudo e por unha bandeira, masas que esquecen por un día calquera crise que se presente para entregarse en corpo e alma pola causa. As estrelas sempre nos convidan a soñar, transmiten ilusión e axudan a crer en algo superior, ideal e marabilloso. Cando o mundo real se esborralla aos nosos pés só nos queda crear un mundo paralelo e alternativo como válvula de escape a tanta impotencia e tanta frustración. As estrelas de "la roja" repartiron ilusión como nunca se repartira antes, e chegou o 25 de xullo... Era o momento de demostrar que "a nosa estrela" e "a nosa Roxa" eran quen de xuntar en Compostela tantos debotos como xuntou o Mundial de fútbol a carón dos televisores e nas rúas o día da celebración final. Non fixemos caso dos críticos que ven ao BNG como "unha minoría que aspira a ser maior minoría" e comulgamos tod@s co desexo dunha Galiza Ceibe. Pero ao final... soños de verán, utópica ilusión...

Que envexa dos cataláns... tocacollóns si, pero sempre unidos en masa para defender as causas e os intereses comúns. Non hai máis que ver o seguimento que tivo en Catalunya a manifestación en contra do fallo do TC sobre o Estatut. Un exemplo máis.

Eu tamén quero mover masas, tereime que facer panadeiro?

Anécdota lamentábel do Día da Patria deste ano:
www.elpais.com/articulo/Galicia/policia/amenaza/andaluza/usar/gallego/elpepiautgal/20100726elpgal_7/Tes

No hay comentarios: