miércoles, 28 de julio de 2010

BENVIDOS MRS. OBAMA !!

Disque a Familia Obama visitará España...
Os medios de comunicación están desviando a atención informando que ao final Barack Obama non poderá vir e que a cidade escollida pola primeira dama dos EE.UU., a súa filla Sasha e uns amigos é Marbella.
Non fagades caso, todo o que se publica forma parte dunha estratexia para garantizar a intimidade e a seguridade dos Obama. Eu teño a verdadeira exclusiva, podedes crerme. Os Obama visitarán Bertamiráns, vila na que abriron a súa primeira tenda de moda e complementos (ver foto) para valorar a acollida desta nova marca por Terras Galegas e estudar a súa futura expansión. A idea é irlle comento terreo a Inditex "ao merme" (pouco a pouco), e que mellor estratexia que ir abrindo tendas perto da túa zona de influenza tirando desta nova marca "tan comercial". Xa de paso, pensan aproveitar o bo tempo da próxima semana para visitar o "Castro de Baroña", disfrutar das praias da Costa da Morte, facer unha breve escapada a Santiago para pasar pola Porta Santa e abrazar ao Apostol.
Falei con Zalo pero non está confirmado que reservara mesa no DEZASEIS...
E de todo esto non digades nada a ninguén, "top secret", facédeme ese favor.

No hay comentarios: