viernes, 5 de marzo de 2010

SÁBADO Á TARDE... FACENDO O HUMORRRR



SÁBADO 6 DE MARZO ÁS 18 H :

HUMOR Y YA!!

... A SEGUIR ENCHENDO

Espectáculo prorrogado merecidamente despois do éxito que está colleitando este actor galego-catalán co seu monólogo teatral no que, partindo da súa historia persoal, toca algúns temas nos que moit@s nos podemos ver reflectidos.

Alberte é un tipo destes que non cambia a camisa, cousa boa se falamos de coherencia e personalidade pero cousa mala se nos cinguimos ao aforismo popular: "Sábado, sabadete, camisa nova e polvete".
De foder non imos falar para "preservar" a súa intimidade diante de tan "embarazosa" situación pero se de "facer o humor" se trata aquí si que ten experiencia "con trastada". Cada sábado "fai o humor" con tod@s aqueles que se achegan ao Llantiol con ganas de marcha, conseguindo ademáis altas cotas de satisfacción entre os presentes. E falando de "presentes" que mellor agasallo para amig@, parella, pai, nai ou cuñado que convidalos a unha tarde de "riso desenfreado" por tan só 6 €.

P.D. Alberte "fai o humor sen gomas"... a cara descuberta, sen máscaras!!

www.llantiol.com

No hay comentarios: