jueves, 4 de marzo de 2010

FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA














Ola a tod@s!!


Esta fin de semana non podedes faltar á "Festa do Queixo de Arzúa". Vai xa pola 35ª edición e a pouco que vos goste a música e o queixo será unha cita obrigada para darlle pracer aos sentidos, sobretodo ao oído e ao gusto...

O sábado noite non vos podedes perder os concertos do "Queixo Maquetón" nin das coñecidas bandas "Second" e "Rinôçerôse". Pero deixade folgos dabondo para a tarde-noite do domingo porque teremos, como fin de festa, a "Anxo Lorenzo" e a "Mutenrohi".

Festa asegurada, ademáis, con outras actividades como exposicións, pasarrúas, degustacións, catas, entretenemento para os máis cativos, etc.

E unha cousa moi importante, ou a min así mo parece. Dende a miña modesta opinión e dende este humilde blog quero felicitar ao Concello de Arzúa por traer como pregoeiro ao escritor "Sechu Sende". Podendo traer a xente máis coñecida, morbosa e de actualidade como Jonh Cobra ou Rosa Díez decidiron chamar a un galego modesto e comprometido con Galiza e coa lingua. Parabéns!!
Pois eso, Sechu Sende, será o pregoeiro e fará o seu pregón cara as 13.00 h do sábado no recinto feiral. Alí estaremos para que nos engaiole coas súas verbas como o fixo tamén co "Made in Galiza".
Que aprendan outros Concellos, como por exemplo Quiroga,que este ano traerá como pregoeiro para a "Feira do Viño" a Jimi Giménez Arnau... Sen comentarios...


www.festadoqueixo.org

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu do queixo non me queixo que me queixo do que deixo...

xosé manuel dijo...

O pregón de Séchu Sende xenial, loubanza en verso ao Queixo Arzúa-Ulloa e despois un bo repaso crítico aos políticos e á situación da lingua galega. Parabéns, Séchu!!
En breve se poderá ver a copia do pregón en www.apeneira.com
Estade atentos!!