lunes, 1 de marzo de 2010

CHOVE EN SANTIAGO


Pasamos páxina ao calendario, estamos xa en marzo e falta menos para a primavera... Que ganas teño!!
Este inverno estáseme facendo especialmente longo, non tedes esa mesma sensación? Nunca choveu que non escampara... pois a ver se é certo, carallo!! Levamos un inverno de auga, neve e temporais que é moito. Non hai máis que ver a foto da esquerda. Xentileza dunha amiga de Compostela que soubo apreciar nela a concreción artística que amosa a situación actual do país.
Gracias, Eva!!
A mal tempo, boa cara, pero boa cara de "mala leche", como di un amigo meu de Barcelona. Gracias pola frase, Juan!!
Ou como me dixo tamén outro amigo, neste caso un alemán que vive en Barcelona, "No hay mal tiempo, hay ropa inadecuada". Gracias, Marc!!
... que poucas ideas cando hai que recurrir ao tempo, verdade? Pois ben, deixarei o tema aquí. Lembrade a película "Cantando bajo la lluvia" e "se chove que chova".

No hay comentarios: