lunes, 8 de marzo de 2010

DE TODO COMO EN BOTICA


Xa sei que fai gracia, pero hoxendía imos camiño de ter tod@s un botiquín así de ateigado nas nosas casas...

As nosas inseguridades son o estímulo e o beneficio da industria farmacéutica que non para de medrar e non para de inventar para crearnos incluso necesidades que ás veces non son tales.
A xente sana que se ve a si mesma ou se sente enferma resulta un filón para a industria médica. Industria que xenera patoloxías e dá rasgos de enfermidade a todo aquelo que non o é necesariamente.
Vivimos nunha sociedade na que todo o que pode ser anormal ponnos nerviosos preocúpanos e incomódanos... E ao final, para que molestarse en exceso se a ciencia todo o soluciona. Para que sufrir ou buscar por nós mesmos a raíz dos problemas se un medicamento milagreiro todo nolo soluciona. Estou dacordo que non hai que sufrir innecesariamente ("sufrir innecesariamente non mola, inmola") porque desgasta, erosiona por dentro e fainos perder gran parte da nosa enerxía, pero tampouco é a solución pensar que as pílulas son o remedio de todos os nosos males. Non temos paciencia e queremos as cousas xa! Diante de calquera doenza a anguria fai acto de presenza e queremos o benestar xa! Medicación si, pero sen abusar... Uso razobábel sempre.

REFLEXIÓN-CHISTE
"Se a industria farmacéutica se preocupa máis por investigar solucións para a disfunción eréctil que estudiar o alzhéimer, chegaremos aos 80 anos coa caralla tesa pero sen saber para que a necesitamos".

No hay comentarios: