jueves, 18 de febrero de 2010

COÑECEDES A ABSENTA?

A absenta ou ajenjo é unha bebida de alto contido alcólico (pode chegar case aos 90 graos) e con sabor semellante ao licor de anís. Alcumado por algúns como a "Fée Verte" (Fada Verde) ten un lixeiro sabor anisado, con fondo amargo e cun tinte verde que lle imprime a mestura de herbas que a compoñen (herbas e flores medicinais e aromáticas con predominio do ajenjo). Ao engadirlle auga fría a bebida transfórmase nunha esencia leitosa.
Esta bebida comezou sendo un elixir en Suiza pero fíxose popular en Francia polo consumo de artistas e escritores románticos, que a tomaban para elucubrar e inspirarse no París de finais do século XIX ata que se foi prohibido no 1915.
O xeito de servirse é o que se pode ver na foto da esquerda. Nun vaso de cristal e cunha culler perforada que servirá para diluir os terróns de zucre con auga fría para rebaixar a toxicidade da absenta. Aconséllase verter lentamente a auga a través do zucre e cunhas proporcións de 1/3 ou 1/5 (absenta/auga).
Esta bebida foi polémica ao longo da historia por crerse que inxerir unha certa cantidade de absenta provocaba alucinacións, por iso foi prohibida en moitos paises, aínda que na actualidade estanse a legalizar en case todo o mundo.
En Barcelona aínda se poden atopar lugares onde a absenta é a protagonista como o Marsella ou o Pastis, bares míticos ubicados no barrio do Raval. Pois ben, seica o coñecido "Pastis", ubicado perto das Ramblas foi xa un histórico onde se deron cita importantes intelectuais para disfrutar dos efluvios deste licor prohibido. Por alí pasaron, entre outros, xente como Dalí, Picasso, Astor Piazzolla, George Moustaki, Joaquín Sabina ou Paco Ibáñez. Abriuse no 1947 por un pintor francés para crear un ambiente bohemio pero dende o 1980 está rexentado por un galego de Ourense, José Ángel de la Villa, que o conserva co seu aspecto orixinal. Ben, como non podía faltar o detalle de "galeguidade", disque hai unha placa detrás da barra que reza así: "Ser galego é unha carreira, e de Ourense catedrático".
Abondando na noticia que saiu publicada na Voz de Galicia podo dicirvos que, non hai moitos meses, tiven a ocasión de coñecer a unha rapaza que frecuenta o Pastis e xa me falara do "exótico-enxebre" que lle resultara o local. Seica ten algo de confianza con José Ángel, empresa difícil segundo me dixo, e aínda sendo un bo tipo ten un carácter acedo, distante e taciturno. Borde non, hai que coñecelo... Espero pasar algún día por alí, tomar unha absenta,e a ver como me senta...

www.lavozdegalicia.es/portada/2010/02/18/00031266448063398467579.htm

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu na época de músico folc estiven dous meses tocando tódolos mercores á noite co grupo no Pastis ala polos principios dos 90; as veces non dabamos feito caber no local músicos e clientes, e sí, o dono e galego e é un habitual do Mercat de llibres de Sant Antoni, un tipo leido, xa sabedes...Lle encanta estar sempre poñendo música de Edith Piaff.: "Je ne peux pas travailler, etc....", que é un dos encantos, e dos reclamos, dese local. Moita festa nese recuncho de Barcelona ata que o concello, baixo a nova ordenanza de locaís nocturnos,etc... comenzou a pechar locais como o "Cangrejo Loco", xusto a xirar de rua, un mítico do cabaret travestido de Barcelona onde actuaba xente como "Liberty" a vedette travesti máis vella do mundo, dicia él con 87 anos, que imitando a Mari Santpere (artista catalana de familia de actores) cantaba unha peza emblematica da picaresca do cabaret: "onde se mete la chica del 17..."; tamén, e máis mediatico, era outro travesti ben coñecido: Carmen de Mairena......ai, deus!!que beizos!!!
Eran outros tempos...agora só quedan vestixios...adeus a istes locais onde habian actuacions en directo, onde os músicos e faranduleiros en xeral podian gañar uns cartiños para ir tirando e a bohemia era máis real e tanxible e non os "reality tourist" de Barcelona que hai hoxe e convertiron a cidade nunha máis, calco doutras capitais do mundo coma si dun Mc Donalds feito a troquel se tratara...
Como dicia un letreiro nunha casa okupa de Hostafranch: "Vós turistas, sodes os terroristas" o cecais aqueles que deixan que fagan o que queiran..e seica tamén nós somos cómplices...alguén dixo que a globalización ten un prezo...e preguntome: ¿canto, porque e a quén é que temos que pagarllo?

Anónimo dijo...

Joooderr, este comentario es casi mejor que el propio post. Se nota que es o fue un "pinturilla"...

celtia dijo...

Tamen ten Jose Angel outro carteliño no Pastis que pon "Erasmus go home", que me fai moita gracia! Por certo, eu son a que escribiu o artigo da voz e... a que che contou iso de que hai que coñecelo??? Que traballei ali poñendo absentas, che: son a xorna-camareira. Esta moi ben o teu blog! Non o coñecia! Agora consultareino!!! Unha aperta hermanager.