viernes, 19 de febrero de 2010

"ALBERTENCIA !! "


SÁBADO DÍA 20
ás 18 H da tarde no
TEATRE LLANTIOL

Amig@s!! Velaquí vos presento de novo o espectáculo no que ALBERTE MONTES se ri de si mesmo pero tamén do mundo no que lle toca vivir, sen deixar de lado calquera tema de actualidade que poda dar que falar...
Como todos sabemos, o mérito non está en contar cousas divertidas senón en facer divertidas as cousas que se contan. Pois ben, Alberte é unha desas persoas e podédelo comprobar tod@s aqueles que aínda non o coñecedes.
Así que xa sabedes, non estiredes a sobremesa familiar máis do estrictamente necesario, pensade que chegaredes a tempo para ver o partido de fútbol e tede en conta que xa non se atopan sesións de risoterapia por 6 €.

VÉMONOS NO LLANTIOL !!


Para chegar ao teatro ou ter máis información: www.llantiol.com

No hay comentarios: