miércoles, 10 de febrero de 2010

ACTUACIÓNS ALBERTE


ALBERTE MONTES volve ao LLANTIOL con actuacións os días 13, 20 e 27 (Ás 18 H e por tan só 6 €)

O novo espectáculo preséntase baixo un suxerente e orixinal título, ao que se chegou despois dunha "brain storming" na que participaron os mellores creativos do país baixo a dirección do propio Alberte. Velaquí o título e a sinopse correspondente:

HUMOR Y YA!

Dos creadores de "Humor i Jazz" chega "Humor y ya!".

Alberte é un tipo normal, agás polo de falar só e merendar pancheos de xamón york con nocilla. Polo demáis é un tipo do máis normal... aínda que con este espectáculo volva a dar mostras de todo o contrario.

Co seu estilo desenfadado e explosivo, fálanos de temas propios e de tod@s. Historias nas que te verás reflexad@ contadas dende o prisma deste galego-catalán que descubriu que os Reis Magos eran os país con tan só 16 anos.

1 comentario:

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

¿Que os Reis Magos son os páis?...
Nooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooon!