sábado, 6 de febrero de 2010

STRIPTEASE PEDIR...


Hai que ver como se está a poñer o panorama laboral...
Resulta que unha parisina que levaba dous anos buscando traballo recibiu a chamada dunha oficina do paro francesa propoñéndolle unha oferta de "animadora de chat para adultos". Ao final, detrás deste eufemístico epígrafe agochábase un posto de striptease por internet.

O mesmo anuncio puido verse tamén no xornal "Le Parisien" coa seguinte redacción: "Animacións de chats para adultos (mensaxería rosa), traballo de día ou de noite. Acéptanse candidatos sen experiencia, a remuneración varía de 1.400 a 2.000 € con primas e contrato indefinido". A chamada mensaxería rosa é un mercado que vai a máis, tanto para exercer como teleoperador/a "quentando ao personal" en chats de ligoteo e sexo como tamén para facer espidos artísticos ou directamente darlle ao "fogueteo", xa nos entendemos. Tempo atrás, incluso lera unha reportaxe na que importantes empresas francesas do sector desembarcaban en países como Marrocos para ubicar os "Coll Centers" e pagar soldos miserentos por traballar como teleoperador "atizando o lume da luxuria e da perversión" a través dos medios xa coñecidos: chats de internet ou mensaxería de móbil. Os contratados, distraen a súa moral relixiosa e ocultan á familia os detalles do seu traballo porque lles fan falta os cartos. O negocio que se move é moito, pensade que son ser"vicios" caros e tremendamente adictivos. Non quero pecar de excesivamente moralista pero, moito ollo! E sabemos que en España é un negocio que vai a máis...

E volvendo ao caso da nosa protagonista, non é por criticar pero penso que non fai falla ser "espelid@ de máis" para ter a mosca detras da orella ou amosar certa desconfianza ao ver que a oferta se presenta como "animadora de chat para adultos". Que pensaba? Que tería que contar chistes polo chat a xente aburrida? Pensou, quizais, que se trataba dunha especie de teléfono da esperanza para ofrecer consellos de autoaxuda?

O que máis lle extrañou a esta rapaza é que este tipo de ofertas non fora filtrada tratándose dun servizo público que ofrece un organismo do Estado. Un voceiro do servizo nacional de emprego argumentou que non se pode discriminar ningún anuncio se "resulta legal e non discriminatorio", criterios que se cumpriron neste caso.

Estamos en crise pero tamén no Entroido, moito ollo cos "disfraces eufemísticos"...

No hay comentarios: