viernes, 8 de enero de 2010

CAGADA XUDICIAL


Benqueridos amig@s deste blog, hoxe recupero do meu caixón desastre unha perla desas que "se non se len non se cren". E todo porque liguei unha sabia reflexión, recollida da sempre sorprendente fraseoloxía popular, que di así: "A furriqueira non atende a razóns". Para os que non saibades que é a furriqueira, aquí tedes uns equivalentes: "cando fas pop, xa non hai stop" (expresión que vén dun slogan publicitario), "kagasawa" (en xaponés), "catarata do traseiro"(en portugués) ou "lagrand caguée" (en francés). Pois ben, lembrando esta expresión tan enxebre atopei un documento xudicial verídico que resulta ser o "cutre e informal" escrito de apelación do denunciado na causa xudicial en cuestión. O demandado non puido asistir ao xuizo e déuselle por non presentado, seguíndose o xuizo coa conseguinte sentencia condenatoria para el. Supoñendo que non tiña avogado nin pediu ningún de oficio, el mesmo presentou este escrito como "escrito de apelación". A súa única alegación fundaméntase en que ao sair da casa para presentarse ao xuizo tivo que atender antes ás urxentes necesidades que se lle presentaron e por iso chegou tarde, cando o acto de xuizo xa rematara, de xeito que o xulgador só tivo en conta a versión do denunciante.
Así as cousas, o Maxistrado da Audiencia Provincial de Girona desestima o devandito recurso de apelación e confirma a sentencia condenatoria de Primeira Instancia. Paga a pena reproducir unha parte dos fundamentos de dereito na que o Xuíz amosa o seu sentido do humor ao relatar os antecedentes: "Sin duda alguna, en la tesitura de escoger entre una y otra deposición, una, por evacuación del vientre, otra, por manifestación ante el Juez como acusado, cualquier persona habría de optar por la primera por los graves apremios que supone el caso de no ser satisfecha esa necesidad fisiológica, siendo poco higiénica la presentación ante el Tribunal en otras condiciones que no sean las de un completo descargo".
Que non vos condenen nunca por "unha cagada semellante"...


2 comentarios:

Ampe dijo...

jajaaj, creo que xa o vira nalgún lao... e creo que o da furriqueira veu de Pedro... nun dos seus apuros!! ;P

Anónimo dijo...

ACTUALIZAAAAAAAAAAAA!!!!!