jueves, 14 de enero de 2010

PERO VD ESTÁ TOLO... CINEMA 3D NO RURAL?


Esa debeu ser a frase que lle dirixiu a Ernesto Romero o director do banco ao que foi pedir o crédito para mercar un proxector de 3D. E coido que tal reacción está obxetivamente xustificada. Que fariades vós se estiverades no seu pelexo? Imaxinádevos que se vos presenta no banco un paisano de 57 anos dicíndovos que quere mercar o devandito proxector, valorado en 90.000 € para instalar no baixo da súa casa e pasar películas en 3D nunha vila de 1.800 habitantes en plena crise do sector? A operación semella "un pouco arriscada" non?
Pois ben, este galego amante do cinema, e romántico onde os haxa, insistiu ata conseguir o crédito co aval dun familiar e hipotecando a súa propia casa. O seu cinema, "Novocine" de Leiro (Poboación da provincia de Ourense, entre Rivadavia e O Carballiño), ten unha capacidade para unhas 140 persoas e prezos súperpopulares (3,50 € normal / 5 € 3D). A día de hoxe é o único de toda a provincia de Ourense que proxecta en 3D. Hai que ter ilusión... e collóns!! Ernesto di que o cinema é a súa dedicación favorita, e nestes anos de resistencia foi tirando; e agora, aínda que todo llo pintan mal, pensa saír adiante para poder amortizar o investimento. "Se a cousa non sae ben quedareime sen a casa". (Así de pancho llo comentou ao reporteiro de La Voz de Galicia).
Este home merece un grupo no facebook, merece que todo Ourense, que digo todo Ourense, toda Galiza vaia ver alí Ávatar e merece tamén unha subvención por manter viva a cultura no rural. Pero non lla darán, compensa máis construír centros comerciais e multicines...

Entrevista no xornal LV (delunsavenres):
lv.galiciae.com/nova/46172.html

3 comentarios:

Eduard a 39º 51' 14.57" N - 4º 12' 09.35" E dijo...

Cando vaia por aí collemos e imos verlle unha ao paisano, que che parece?

Ao viño convido eu!

Ata pronto!

Silvio Falcón dijo...

A verdade é que ten "CARALLO" facer esa inversión... haberá que ir!!

Alberte e Xoseman dijo...

Queda friki, pero dá igual. Son eu, hermanager, e teño que publicar un comentario por unha anécdota real. A pasada semana chamáronme ao meu móvi, dende un fixo de Ourense, e preguntáronme se era o NOVOCINE de Leiro. Toma, toma, toma!! Que curiosidade, falando tanto do tema e mira por onde que recibo unha chamada por erro pensando que o meu teléfono era o do cinema do meu admirado Ernesto. Que cousas ten a vida...