martes, 5 de enero de 2010

GALEGOS DOS QUE CHUFAR


Velaquí o primeiro post deste 2010.
Outro galego exemplar que temos polo mundo e ao que sempre lle gostou moverse polas alturas...
Refírome a Gerardo Díaz Ferrán, empresario ultraliberal que accedeu á presidencia da patronal CEOE no 2007 co inestimábel apoio de Esperanza Aguirre e que agora ocupa os primeiros postos da actualidade polo afundimento do seu imperio empresarial. Despois do escandaloso peche de Air Comet (decretado por un xuiz británico por mor das débedas a un banco alemán),pendente da concreción dun concurso de acreedores e dun ERE, Díaz Ferrán enfróntase a unha importante crise empresarial pero tamén de carisma pois xa moitos piden a súa cabeza para limpar a mala imaxe da propia CEOE. "Carisma" cómpre para ter a boa parte da plantilla máis de oito meses sen cobrar, ter importantísimas débedas coa Seguridade Social e descontrolar as contas ata o punto de verse sorprendido polo peche xudicial que deixou a milleiros de persoas "en terra" durante moitos días do Nadal en Barajas. Un panorama "aterrador"...
Pois ben, este persoaxe tan apreciado e tan querido, ten raices galegas. Segundo contou o xornal "El periódico de Catalunya" o pasado día 3 de xaneiro, o seu pai emigrou dende unha aldea de Lugo e estableceuse en Madrid alá polo 1942 onde levantou unha empresa de autocares na que o seu fillo, Gerardo, exercía xa como cobrador aos 12 anos. Así foi aprendendo os detalles do negocio dos transportes ata conseguir que Trapsa (unha empresa de transportes por carretera) chegara a ter 24.000 traballadores no 2007. Ademáis dos autobuses aventurouse tamén con actividades como a publicidade, contratas de limpeza, seguros, ximnasios, etc. Como di o xornalista do "Periódico": "todo le fué sobre ruedas mientras se dedicó al transporte terrestre, pero cuando empezó a invertir en el aire todo se volvió más volátil". Que ben traido, si señor. Que grande!!
Mercou Marsáns no 1985 (fundadora de Spanair) e no 2001 Aerolineas Argentinas. Por sorte deixou Spanair un ano antes da traxedia pero chegou a crise de Air Comet... e como volve a clavar o xornalista Nacho Para: "las turbulencias acabarían desestabilizando su gran imperio".
Galego pode selo calquera... empresario sen escrúpulos? Tamén.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Na casa do Ferreiro, coitelo de pau...