jueves, 31 de diciembre de 2009

ÚLTIMA PERLA DO ANO


Remata o 2009, amig@s!!
E para dar a benvida ao 2010 non podía deixarvos así, sen ningunha última perla que comentar, sen a última curiosidade á que sacarlle punta. Pois ben, velaquí tedes un anuncio "real" de prensa no que unha coñecida marca de supositorios, nun malabarístico xogo de palabras e gracias ao galego, encaixa un eslogan moi oportuno para promocionar o produto en cu-estión...
Que clásicas as coñas que tiran do "recurso fácil", "ano = año = extremo terminal do tubo dixestivo":
-Que teñas unha "boa entrada de ano"!
-Feliz "ano novo"!
-Que teñas un "bo ano"!
Aínda que cutres, estas bromas fanse nunha noite como a de hoxe, e aproveitando a ocasión comento unha anécdota que contou Carlos Blanco nun monólogo en Santiago.
Seica había un persoaxe deses de Compostela que por circunstancias da vida agonizan na súa envelenada bohemia e que van sobrevivindo pola zona vella entre birras, cartóns de Don Simón, cans, frautas e "no tendrás una monedita que no altere tu presupuesto en estos tiempos de crisis?"...
Pois ben, tivo que ir ao ambulatorio e o médico deulle un volante para o proctólogo pois tiña problemas serios no "fistro de atrás". Todo esto a piques de rematar o ano en curso. O fulano foi a pedir cita e a enfermeira deulle para abril, feito que enrabiou e fixo tolear ao noso persoaxe. A enfermidade tiña certa urxencia e danlle cita para abril, nada máis e nada menos que catro meses de espera... E para colmo, como contaba Carlos Blanco, a funcionaria do SERGAS dille: "Feliz ano"!!. Indignado polo acontecido contáballe aos colegas da Praza Cervantes: "...Y sabéis lo que me dijo la muy cabrona: Feliz ano. Feliz ano pa ti que vives de la Xunta pensé yo. Ya me puedo morir de cáncer pa cuando me visite el proctólogo y aun me dices feliz ano..."
FELIZ ENTRADA DE ANO... DE ANO 2010 !!

3 comentarios:

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

Ano.... novo?
"Olliño" co que decimos...

Ampe dijo...

hoxe mandoume un mensaxe un amigo italiano que non controla moi ben o idioma e poñía "feliz ano nuevo"... eso si que non da lugar a dobles interpretacións!!

Anónimo dijo...

Moi bo. É certo, á xente "non galega" que coñezo sempre lles fai gracia o de ano=año. Cousas da lingua...