jueves, 3 de diciembre de 2009

A LO TONTO, A LO TONTO, XA CHEGA O NADAL...


BOAS FESTAS A TOD@S!!
Como cada Nadal achéganse as datas nas que nos xuntamos cos seres queridos... e ás veces incluso coa familia. Pois ben, como sei que non perderedes o tempo enviando postais e intentaredes aforrar en chamadas por ser tempo de crise, a continuación ofrézovos frases para que enviedes por SMS. Non fará falta que perdades tempo intentando ser inxeniosos, escollede algunha destas e triunfaredes seguro.
SMS ÑOÑOS

1-Se esta noite te meten nun saco, non teñas medo! É que este ano alguén te pide para Reis. Bo Nadal!!

2-Que nestas Festas, a maxia sexa o teu mellor traxe, o teu sorriso o mellor agasallo, os ollos o teu mellor destino e a felicidade o meu mellor desexo. Boas Festas!!

3-Non sei se gardarte nun banco polo moito que vales, nunha igrexa por ser "a hostia" ou nunha illa por ser un tesouro. Os meus mellores desexos para estas datas!!

4-Deséxoche tanta sorte como gotas ten a chuvia, tanto amor como raios ten o sol e tanta felicidade como estrelas ten o ceo. Bo Nadal!!

5-Deséxoche só dúas cousas na vida: Todo e Nada. Todo o que te faga feliz e Nada do que te faga sufrir. Feliz ano novo!!

6-Que a chuvia de paz, esperanza, amor e felicidade te colla co paraugas escarallado e salpique a todos os que teñas ao teu carón. Boas Festas!!

SMS INXENIOSOS
7-Onde estás? Estamos buscándote, ven para aquí de contado que estamos facendo o Belén e falta o burro ;-)

8-Deixas que che toque o wiwichu? wiwichu a mery crismas, wiwichu a mery crismas, wiwichu a mery crismas an a japy niu yir... Boas Festas!!

9-Con este SMS mándoche unha felicitación encriptada (Dálle a volta ao celular para poder entendelo): V770d V7 3WVdnX

10-Un cubata: 6 €, un agasallo: 45 €, unha festa: 100 €. Que te felicite alguén coma min, non ten prezo. Bo Nadal!!

11-É verdade que a Señora de Santa Claus e Mary Christmas?

12-Aviso a toda a poboación: o simulacro de paz e amor xa rematou. Garden o marisco, o turrón e o cava, insulten aos sogros e cuñados e cada un para a súa casa. Boas Festas!!

13-Bo Nadal... pero mellor Federer ;-)

SMS SUBIDOS DE TONO
14-Para o 2010 deséxoche a vida dun cepillo dos dentes: moita pasta, un bo mango e que te cepillen tres veces ao día. Feliz ano novo!!

15-Deséxoche para o ano 2010 a vida dun paraugas, moita tela e un bo mango. Feliz ano novo!!

16-Como amigo teu que son fágoche chegar o mellor dos meus desexos, que pases máis noites boas e menos navidades...

17-Quería mandarche algo gracioso, incríble, sexy, salvaxe. erótico e moi entretido. Pois síntoo moito, pero a pixa non colle na pantalla do móbil para mandarcha por MMS.

18-Conseguín cruzar ladillas con lucecús, non sei ben ben a utilidade que ten pero teño os collóns que parecen a árbore de Nadal. Boas Festas!!

19-Parabéns, fuches escollido por Papá Noel para tirar do trineo esta noite boa. En breve pasará un Elfo pola túa casa para medirche os cornos. Bo Nadal!!

20-Espero que estos días os bos desexos e xenerosos sentimentos engrandezan os nosos corazóns para que dese xeito bombeen máis sangue aos nosos collóns.

Aquí tedes 20 SMS para escoller, facede un "cortar-pegar" e a reenviar o que máis vos goste. Por certo, espero que nos COMENTARIOS propoñades o número do que máis vos goste.

8 comentarios:

Ampe dijo...

menuda recollida fixeches, eh!!!
a min o que máis gracia me fixo foi o de "bo Nadal... pero mellor Federer" jajajajajaja

Ampe dijo...

menuda recollida fixeches, eh!!!
a min o que máis gracia me fixo foi o de "bo Nadal... pero mellor Federer" jajajajajaja

Alberte Montes dijo...

quedo co número 11: "É verdade que a Señora de Santa Claus é Mary Christmas?"

Bo verán a tod@s!!

Anónimo dijo...

eu usareinos case todos xa ke teño 1 chea de persoas as ke felicitar eso ke a min estas festas aborrecenme

J.B " DRAGON " -----ENCIÑEIRA dijo...

eu usareinos case todos xa ke teño 1 chea de persoas as ke felicitar eso ke a min estas festas aborrecenme---
Ainda ke o k mais me gosta e o number 5

Anónimo dijo...

Pois eu prefiro o número 12. Hipocresía a xusta.

Anónimo dijo...

o mellor o 13 con diferencia, moi de xman!

Pablo

Anónimo dijo...

Dándolle ideas a Movistar, Vodafone, Orange e Cia... Despois fan contas e SMS a SMS enchen ben a saca...