domingo, 29 de noviembre de 2009

CATRO QUE PODEMOS


Velaquí unha mostra do que se pode atopar nas tabernas de Compostela. Unha pequena obra de arte feita nun pano de papel e que ilustra o primeiro que lle pasa pola cabeza ao autor ou autores.
Neste caso chámanme a atención dúas cousas:

-A mensaxe: Déixate de lerias e imos ao tema ou como diría un catalán "ja ni ha prou de romanços". Para entendernos, "menos falar e máis follar".

-Os autores ou as autoras; todo indica que estamos diante dunha obra colectiva, pois está asinada por "4 de Bilbao que pasábamos por aquí" pero que para ser de Euskadi dominan á perfección a lingua máis falada no país, o castrapo (4 polvos y cala la boca).

Din que "hablando se entiende la vasca", pero hai casos nos que non paga a pena perder o tempo intentando entender...

1 comentario:

Logio dijo...

Coido que falando de polvos non está ben nomear a boca, por moi de Bilbao que xenan, ja, ja.