miércoles, 9 de diciembre de 2009

"HUMOR E JAZZ" EN DECEMBRO NO LLANTIOL

Despois de dúas previas, nome que se lle dá no teatro aos "preestrenos", o espectáculo "Humor e Jazz" que protagonizo xunto á banda Not Just Jazz instálase no teatro do Raval durante os meses de decembro e xaneiro. Será como ata agora, os sábados ás 18 h. Polo de agora temos confirmadas as datas do derradeiro mes do ano: 12, 19 e 26 de dedembro.

TEATRO & ENTRADAS: www.llantiol.com www.atrapalo.com/entradas

As primeiras dúas actuacións, que tiveron lugar os sábados 21 e 28 de novembro, foron un éxito (está feo que o diga eu, pero é que foi así... polo público eh!! Sempre a culpa é do público). O teatro cheo e unha boa dose de risas axudaron a crear unha xenial atmósfera e dúas actuacións moi especiais. Como especial é instalarse nun teatro como o Llantiol, referencia da escena alternativa de Barcelona. Alí arrincaron as carreiras de míticos actores e cómicos como Dani Pérez, un dos maiores "ídolos" no sector e referente á hora de contar.

Unha honra e un luxo poder achegarnos o sábado pola tarde e facer rir un anaco ao personal.

Asina: Alberte Montes

P.D. Os que aínda non vistes o espectáculo animade a tod@s os que poidades. Paga ben a pena e resulta ben barato... E os que xa o coñecedes sempre podedes repetir porque as "Albertadas" e improvisacións sobre a actualidade poden presentarse cando menos as esperedes...

Asina: Hermanager

No hay comentarios: