miércoles, 16 de diciembre de 2009

GALEGAS NO MUNDO


Non descubrirei nada novo se vos digo que os galeg@s son como a cervexa San Miguel, "Alá onde van triunfan", verdade? Pois ben, non hai moitos días, mentres ceaba tranquilo na cociña, o meu compañeiro de piso dime que a muller do prota da serie "FlashForward" é de A Pena Folenche (aldea perto de Trives, na provincia de Ourense) coma el. Que cada ano veraneaba alí xunto cos seus pais, emigrados en Suiza. A min entroume a risa e case me atraganto e todo, "ti estás de coña, non?" lle espetei.
Segundo Alberto, o meu colega de piso, xa de nova apuntaba maneiras, "había que mirala dúas veces porque á primeira non o crías" me dixo. E abondando na información comentou tamén que uns anos atrás se presentara no lugar co seu machacante, Joseph Fiennes, un galés que seica a convenceu para casar con el prometéndolle que aprendería español e galego (Por un pibón así falaría galego ata Paco Vázquez...).

E segundo puiden investigar todo coincide, todo é verídico. Ademáis, María Dolores Diéguez, así se chama a nosa protagonista, participou no certame de Miss Suiza no 2003, era unha das favoritas para gañar (non hai máis que vela na foto), pero a sinceridade xogoulle unha mala pasada porque admitiu que se retocara os peitos, "único detalle a mellorar para a ser perfecta" segundo palabras do meu compañeiro de piso. Ao final tivo que conformarse co título de Miss Fotoxenia.
E para desilusión de moitos, no 2005 casou co "pinturilla de FlashForward" e xa esperan un fillo.

Menudo "pibón", internacionalmente coñecida, con sangue galega e veraneando nunha aldea de Trives... Que pequeno é o mundo e que grande a cola do paro!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

MANDA CARALLO MANDA, AGORA SABEMOS O PORQUE ACUDE PUNTUALMENTE XOAN A PENA FOLENCHE, SI O GRAN XOAN FOTOGRAFO,COMPOSITOR , SENDEIRISTA PROFESIONAL...ESE ERA O MOTIVO QUEDA A ESCONDIDAS CO PIBON PA QUE NINGUEM O SAIBAMOS.....FAI BEN SI SEÑR...GALEG@S POLO MUNDO


J.B " DRAGON " ENCIÑEIRA