lunes, 21 de diciembre de 2009

BARÇA "SEISACIONAL", PARABÉNS!!

Hai que descubrirse diante deste Barça, un equipo doutro planeta que conqueriu todos os títulos posibles nun ano glorioso.
O rotundo éxito forxouse en gran medida gracias á humildade e sacrificio que Guardiola soubo transmitir aos seus xogadores. Certo é que a sorte xogou sempre como aliado fiel do equipo catalán pero o caprichoso azar ás veces decide acertadamente a quen se debe arrimar.
Guardiola é xa un mito, un gurú, historia viva dun Clube que sempre soñou con algo igual pero que o medo e a mala sorte lle impediron en moitas ocasións facerse realidade.
Eu, como moitos culés, dubidou da competencia de Guardiola para adestrar este Clube por non acreditar máis méritos que ter dirixido ao Barça B en Terceira División. Supoño que inconscientemente influenciados pola tradición castradora de pensar que só os veteranos poden conseguir grandes cousas dada a súa experiencia e bagaxe profesional. Como se os novos, recén chegados, non tiveran valía ou nivel dabondo para empresas tan grandes. Pois ben, Pep acabou tapando moitas bocas e demostrando que con traballo, disciplina, estusiasmo, fé e constancia se pode conseguir case todo o que un se propoña. Todo un exemplo a seguir, sen euforias e dominando á perfección o arte da prudencia.
E como non, a paciencia, que é a nai da ciencia. Como dixo Lao Tse: "O home corrente, cando emprende unha cousa, bótaa a perder por ter présa en rematala". Guardiola deu clases maxistrais desta máxima coa súa maneira de ver o fútbol, personalidade definida, fé nun mesmo e no que se fai, e grandes doses de paciencia... porque como din os vellos, "ao final todo chega".
"Humildad y paciencia ambas van por una senda".
Parabéns aos "PEP SHOW BOYS"!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Guardiola elexido adestrador do ano. Merecido!!