miércoles, 2 de septiembre de 2009

GRIPE A: H1 N1 (tocado pero non afundido)

Alerta coa Gripe A!!

O Goberno español está preocupado e pensa xa no suministro de vacinas. Un 60% dos españois terán cobertura, pero o restante 40% que? Suponse que terán que apandar ou confiar na súa saúde de ferro. Quen non escoitou nunca: "pois eu pasa o inverno e non collo nin un refriado!". Estes carballos do pais que non lle teñen medo á crise, vanlle ter medo á gripe porcina, boh!!
De todos os xeitos eu apúntome a iniciativas como a que amoso neste cartaz, podemos saudarnos afectiva e gostosamente sen ter que recurrir ao bico de toda a vida. Verdade?
Pois ben, como o saúdo non se lle nega a ninguén e os bicos estarán vedados por medo a posibles contaxios ,que non falten as ideas de saúdo alternativo e preventivo: tocarse as partes nobles, unha palmadiña no cu, etc.
Que non vos dé vergoña, a tocarse toca!!

No hay comentarios: