martes, 8 de septiembre de 2009

POST-vacacional

Ola a tod@s!
A foto de hoxe semella a dun cartaz promocional da típica película de guerra americana, pero non... nada máis lonxe da realidade. Así se presentaba a Orquesta Olympus no 2008, daquela non sei a guerra que deron pero hoxendía son unha das orquestas galegas máis mediáticas con guinnes incluidos.
Quen de nós non disfrutou este verán duns dancings co cubata na man e diante da orquesta nunha das moitísmas verbenas que encheron o país de festas neste mes de agosto? Ninguén se escapa tampouco doutros clásicos das verbenas como: ver ao borrachín de cubata en man bailando en círculo diante do palco da orquesta, ver subir ao friki de turno ao palco para bailar cos da orquesta ou incluso roubarlle o micro e acaparar protagonismo tatarexando a canción, a xente facendo a coreograía de "Paquito el Chocolatero" ao ritmo que lle marca o cantante da orquesta, os rapaces correndo polo medio da xente ou sentados no palco de cara ao público, etc. Seguro que tedes moitas máis experiencias e anécdotas, verdade?
Pois ben, aínda que rematarades as vacacións non vos deixedes levar pola depresión "post-vacacional" e pensade que quedan festas e verbenas polo menos ata novembro... e despois sempre nos quedarán as discotascas, os discopubs e as discotecas.

No hay comentarios: