lunes, 24 de agosto de 2009

O MACHACANTE



Agoniza agosto e para moitos as vacacións van xa no carallo. Como reza un dito castelán: "pascuas largo tiempo deseadas, presto son pasadas". Présas e ansiedade pola chegada do bo e despois vanse que non te enteras... Bueeeeno, así e todo eu sigo atopando perlas que dan que falar e coas que aínda se botan unhas risas.
Nesta ocasión atopei un vehículo que leva un distintivo, a xeito de matrícula e nada discreto (todo hai que dicilo) que anuncia a condición do seu titular: MACHACANTE. Ninguén lle preguntou pero por se acaso reivindica o seu papel na película. O machacante vén a ser a versión vulgar e campechana do gigoló ou amante; xeneroso semental que veu a este mundo para facer gosar ás mulleres, con dedicación a tempo parcial e sen máis complicacións que as que implica o sinxelo e mecánico "mete-saca". O complemento intelectual e/ou emocional véndese por separado. En foros galegos de ambiente "nacional popular" nos que se latrica sobre amigas e veciñas o machacante sería "o que fode nela". Sei que a expresión é bastante machista pero dou conta dela tal como a escoitei, unha animalada máis das que aínda corren pola cultura popular, éche o que hai.
Pois ben, velaquí un distintivo que pode facer boa propaganda... ou non. Xa sabedes, oferta-demanda. Saúdos a tod@s !!

No hay comentarios: