martes, 11 de agosto de 2009

ALERTA !!


Olaaaaaaaa !!

Como vai o verán?? Espero que ben. Seguro que estades a maioría coa barriga ao sol ou disfrutando dunhas cañas ou cornete á sombra dunha boa parra. De coña!!
Pois ben, coidado nas estradas. Moitos galegos que voltades á Terra para pasar as vacacións "low cost" na aldea coa familia ou para facer turismo interior e disfrutar das festas gastronómicas e verbenas varias podedes atoparvos cun "aparente perigo". Velaquí o sinal que o advirte. Semella que voltemos ao "vente p'Alemania Pepe". A Galiza dos tópicos levada a "autocolante", e nunca mellor dito o de auto-colante. Galego de boina calada, desdentado e vellouco... Coidado con estes condutores temerarios da Galiza profunda que van á feira ou á festa do lugar, beben como odres e collen o coche igual. Xa non lle importa que lle quiten o carné, para o que lles queda... e se tal collen o coche igual e van pola vella. Tópicos si, pero sen pasarse!!

No hay comentarios: