lunes, 3 de agosto de 2009

TEÑO UNHA MENSAXE PARA TI


Olaaaaaaa!

Xa de vacacións? Espero e desexo que si, pasádeo tod@s moi ben ;-)
En calquera caso, e se por simple "curiociosidade" vos dá por mirar este blog, pensade que eu seguirei dando conta desas perlas que atopo por aí no meu día a día. Neste caso trátase dun detalle romántico, deses que se presentan coa mesma frecuencia que os eclipses segundo opinión pacífica da maioría das mulleres entrevistadas pola Universidade de O Jaio.Pois ben, nestes tempos de présas e desorde nos que vivimos o máis normal é que cando vaiamos coller o coche da zona azul nos atopemos unha multa de aparcamento, pero neste caso non foi así. Fixádevos na foto da esquerda (tomada en Compostela). Que sorpresa máis bonita, orixinal e incluso "ñoña", segundo pensarán algúns, ao atopar a mensaxe dun admirador no parabrisas do teu coche e escrita a man no dorso dunha tarxeta de aparcamento. E quen sería? Se polo menos deixara o teléfono. Ten que ser alguén do meu entorno, seguro. Ou quizais un admirador secreto que non teño o gusto de coñecer nin de vista? Que intriga! Que nervios! Que afrodisiaco sentirte desexada por alguén... Estou xa desexando a chegada do seguinte capítulo. Que morbo!!

No hay comentarios: