viernes, 31 de julio de 2009

ALERTA! VOLVE O ARTISTA




Amig@s tod@s !!

ALBERTE MONTES anda outra vez por Galicia, nesta ocasión por Terras de Quiroga e Valdeorras. Como se dun futbolista se tratara está a facer a pretempada por estos lares e aproveitará, entre sestas, cañas e chapuzóns para facer algún monólogo dedicado á xente do lugar que o viu nacer e criarse antes de marchar para Barcelona. Como podedes ver no "Cartaz Improvisado" (provisional pa sempre) Alberte actuará nas FESTAS de QUIROGA (7 de agosto á 1:00 H da madrugada) e no BAR 4 CAMIÑOS de A RÚA (14 de agosto ás 23:30 H). Un monólogo no que nos contará as súas experiencias persoais e a relación sentimental que o une a estas Terras.
Facede promoción do evento, por Diosss ,onde non cheguedes mandade recado!!
Mentres, Alberte está coa barriga ao sol, aproveitando as vacacións para dedicarlle máis tempo "á Sexta" (O maaaaá, que rica!!) e de "Perdidos, ao río" (Entendeuse este?).
Xa sabedes, como din os cataláns, que cantos máis sexamos, máis riremos.
Bo mes de agosto para tod@s !!

No hay comentarios: