jueves, 30 de julio de 2009

EMPANADAS


Velaquí tedes un exemplo de como se pode facer "marquetin nacional popular". Nunha panadería de Santiago, na zona vella, pódense ver nunha pizarra as opcións máis enxebres de empanadas que oferta a casa. Eso sí, cada tipo de empanada foi bautizada dunha maneira particular pola señora que rexenta o devandito forno. Un estilo simpático e humorístico de bautizar ás empanadas e que serve de reclamo para os paseantes. Non me digades que non resulta orixinal e inxenioso? Ademáis aproveita temas de certa actualidade e incorpóraos á coña en cuestión. Un aplauso para os creativos afeccionados!! Parabéns, señora!! Tedes algunha idea para proporlle?

No hay comentarios: