lunes, 27 de julio de 2009

BORRACHEIRAS MUNDIAIS

Boas!
Calquera época é boa para collermos unha boa, pero no verán todo axuda: vacacións, calor, festas, festivais, quenturas... Andade con moito ollo que calquera descuido é bo para que o "paparazzi de facebook" ou amig@ desaprensivo vos faga unha foto no peor momento. Ese estado patético de perda de sentido ao que chegamos pode quedar inmortalizado, e o que pode ser peor, pode correr por redes sociais como o facebook para cachondeo e mofa de moitos internautas necesitados deses momentos de desafogo que consiguen ríndose do ridículo alleo. Ninguén de nós está libre de coller unha boa borracheira, pero por Diooossss, que ese momento dramático-cómico quede nun círculo íntimo prudente. Coidado, pois, cos excesos de alcol e cos "paparazzis do ridículo" que corren por aí. Saúdos !!

No hay comentarios: