jueves, 23 de julio de 2009

A MIN GÓSTAME TODO!!

Ola amig@s!
Achégase o "Día da Patria". Cada un ten a súa aínda que sexa a "Patria Chica". Ou como dicía aquel pensador: "A única Patria dunha persoa é a súa infancia". É igual, para os que teñen claros os seus ideais non hai problema, pero sempre nos podemos atopar indecisos, incoherentes, desnortados no océano das ideoloxías, e frikis varios como o titular do vehículo que sae na foto. Logotipo do BNG, bandeira de España e matrícula de León... 
Non son eu quen de dicir que todo o anterior é incompatible pero a mestura chama bastante a atención.

No hay comentarios: