miércoles, 22 de julio de 2009

AS IMPRUDENCIAS PÁGANSE...


"IL CAVALIERE" seica empeza a estar de caspa caída... Sen tempo non era! Como din os experimentados, "o que xoga con lume acaba queimándose". Tentaba á sorte con cada saída de todo e seguía rodeándose de "fermosas señoritas" alimentando así o seu insaciable ego pensando que a inmunizada sociedade lle aguantaría todo, pero a súa popularidade está tocando fondo. A súa particular forma de gobernar, por enriba do ben e do mal, con humor negro incluído estaba sendo xa un "festival dos despropósitos". Lembrade que cando foi a ver aos afectados polo terremoto acollidos en tendas de campaña díxolles "tranquilos, pensade que estades uns días de camping", tempo despois díxolles "tranquilos, cando volvades ás casas poderedes ir a IKEA e amoblalas de novo e por poucos cartos". Festival do humor!!
E que dicir das súas aficións de "VELLO VERDE"... Contan que, nunha ocasión, cando lle preguntaron como lle gostaba o Whisky dixo: "con moito fume e rodeado de mulleres de promiscuidade remunerada". Un IMPRESENTABLE de moito coidado. Dior mío !!!
Por certo, o xogo de palabras entenderano á primeira os cataláns.

No hay comentarios: