jueves, 16 de julio de 2009

FESTIVAIS DE VERÁN

Aquí estou de novo, amig@s!!

Teño que contarvos que estiven por primeira vez na miña vida no "megafestivalintercéltico" de Ortigueira. Impresionante todo. Grandes artistas, ambiente de concerto pero "a lo grande", brisa cantábrica na marabillosa ría de Ortigueira, moitisma xente con ganas de pasalo ben... Xa me tiñan contado que era unha cita desas ás que tes que ir algunha vez na vida, e xa cumplín. Como aspectos curiosos e incluso negativos, ao meu xeito de ver, foi presenciar ese "megabotellón" no que se están a convertir hoxendía todas as festas que collen "prestixio de masas". Xente acampada por todos lados, cunetas e "prados-parquin" a tope de coches, autobuses da Segunda Guerra Mundial para levar a xente do campo base á zona de concertos, destrozos no mobiliario, fégados fuxindo de corpos rebordantes de alcol, folkies que non son tal... Toma, toma, toma... que vos vou contar. Como diría Carlos Blanco, moitisma xente desa que non come entre bebidas... O corpo terma do que lle boten, éche ben certo; pero hai que ter unha idade para aguantar tanto tute. Mirade se as borracheiras son importantes que hai xente que perde carteiras, móbiles, aos amigos... Propoño, seguindo o modelo da foto, que a xente poña na camiseta, esa que aguanta toda a noite con resignación o suor e o alcol que lle vén enriba, o seu número de móbil, ubicación da tenda, coche ou pensión e tamén o enderezo de orixe para evitar eses extravíos persoais que tanto incomodan... aos amig@s que che teñen algo de aprecio. Deica!!

No hay comentarios: