miércoles, 8 de julio de 2009

NA PROCURA DE NOVA CABECEIRA



Ola amig@s !!

Necesito a vosa axuda. Quero un deseño cun mínimo de calidade para por de cabeceira no meu marabilloso blog (antes era vaidoso, pero agora que curei... son perfecto). De momento vou tirando cun sinxelo e minimalista deseño pero son consciente de que nos tempos que corren (bueno, voan máis que corren) é preciso ter unha cara bonita e que chame a atención. Vivimos no mundo da imaxe, unha imaxe vale máis que mil palabras e como todos sabedes "a cara é o espello da alma". Por iso, espero suxerencias, ideas, e incluso algún deseño para rehabilitar a fachada actual. Aquí tedes unha primeira proposta que non me acaba de convencer, e non só pola "impresionante gama de cores combinados entre si que aportan brillantez e destellos de creatividade ao perceptor"senón tamén porque semella un rótulo de "press colar e pegar"...

No hay comentarios: